luns, 16 de novembro de 2020

luns, 9 de novembro de 2020

Así é o noso día a día na aula

Xogamos, pensamos, bailamos, compartimos, conversamos e sentimos....en cada un dos nosos ambientes.

No ambiente de Arte.
                                



No ambiente de Lecto escritura.
Temos unha mesa para Escritura libre. Case sempre hai unha proposta de texto para realizar( con letras ou imaxes). Como estamos a comezos de curso, escribiremos mensaxes para darnos a benvida.















Poñemos en marcha as nosas habilidades motrices.....















Recordamos os nomes dos compis...

No ambiente da lóxica-matemática...

Por parellas, facemos xogos de lóxica: identificación  de figuras e orientación espacial.




O xogo do Tangram para representar figuras seguindo un patrón .



Con este xogo "as galletas recén sacadas do forno", imos identificar número con cantidade.




Par parellas, co xogo do teléfono un compañeiro saca un tarxeta e deberá de decir en voz alta o número e o outro comapñeiro marcar ese número.

Repasamos as grafías dos números. Neste caso, con dúas propostas diferentes: con pedriñas de cores e escribindo nun prato con pan raiado.

              

                                                                          



No Ambiente científico, experimentamos  con obxectos que flotan o se funden na auga.


Neste ambiente creamos un espazo para os minimundos( recración de hábitats con material variado : troncos, pezas de madeira, cortezas, pedras e animais).  Con libros de consulta para a búsqueda de información e globo terráqueo para situar os seus hábitats. Comezamos co minimundo dos dinosaurios...que sempre triunfan.






domingo, 1 de novembro de 2020

UNHA PROPOSTA MOI ARTÍSTICA

No noso ambiente de Arte estreamos unha proposta para facer autorretratos coa nosa mascarilla....




 Pois xa vos podemos amosar os primeiros autorretratos...….. son xeniais!!!










COMEZAMOS!!!




Despois de varios meses desconectados, hoxe 11 de setembro volvemos a reencontrarnos!!!. 
Volvemos ao cole con moita ilusión e con moitas novidades, unha delas a mascariña. Aínda así, a nosa cara de sorpresa, de alegría e de emoción estaban moi presentes. 
Por fin, imos volver a compartir tantas e tantas cousas que nos fan moi felices.

A NOSA PRIMEIRA VISITA Á BIBLIO

Foi un gran día, gozamos dun espazo máxico e compartimos lecturas, xogos…. Pincha nesta ligazón para ver a nosa sesión na Biblio. https://dr...